Este verán volvemos a Andalucía. Do 24 ao 30 de xullo os mozos e mozas de Brión viaxaremos ata a cidade de Torremolinos (Málaga). Unha atractiva viaxe, unha nova aventura das viaxes da mocidade de Brión.
Consulta as bases e condicións, así coma a información completa da viaxe
Lembra que poderás inscribirte dende o 2 ao 31 de maio de 2017. O pagamento das taxas farase efectivo  unha vez avisemos dende a organización e ata o 23 de xuño de 2017.

Inscríbete chamando ao Tfno.: 981 50 99 69.

Horarios:
Luns a venres: de 17 a 21 horas
Sábados: de 10:30 a 13 horas.