Para comenzar imos explicar un pouco polo miudo o funcionamento do weblog que acabamos de inaugurar.

Como podedes ver, intentamos que a páxina foso un pouco dacordo coa tematica das viaxes que fomo facendo o longo destes 3 anos. A web está dividida en varios apartados que podedes observar arriba:

INICIO: A páxina principal, nela iranse colgando todalas novedades da web.

TRAILERS: Dende Febreiro e ata Xullo deste ano, iremos colgando trailers, son videos cortos (de 2 min. aproximadamente) a modo de lanzamento publicitario da excursión.

ANTERIORES: Onde se van recoller os viaxes anteriores, datas, albergues..., en definitiva todo o relacionado coas viaxes pasadas.

BASES: Neste apartado publicaranse as bases para poder participar no viaxe da mocidade 2009.

EXPERIENCIAS: Neste apartado os visitantes da web poden expresar as súas experiencias nas viaxes de Brión, opinións, ideas para novas viaxes, e en definitiva, etc...

Aparte deste menú, na parte dereita da web aparecen unha serie de imaxes que pinchando en elas nos levarán a novos apartados:

FOTOS DE ANOS PASADOS: Neste apartado iremos publicando galerias coas fotos de todalas viaxes feitas...

CAMISETAS: A camiseta é un clásico nas viaxes da mocidade, aqui podes ver as camisetas de anos anteriores, criticar, comentar, e darnos ideas para a deste ano.

VIDEOS: Como a camiseta, o video tamén é un clásico, cada viaxe un video con todolos recordos das viaxes. Tamén podes comentalos...

SEGUIDORES DA WEB: Quen nos visita, interesanos saber quen está normalmente conectado a web, con só pinchar en "seguir este blog" poderas colgar a túa foto e indicar que sigues periodicamente esta web.

Ademáis nas seccións TRAILERS, ANTERIORES, EXPERIENCIAS, CAMISETAS E VIDEOS, podes facer comentarios, para elo é necesario posuir unha "conta de google". ¿Que como se fai? Pois moi sinxelo, a primeira vez que intentes insertar o teu comentario na web vaiche pedir que te rexistres, ingresas o teu e-mail, unha contraseña e un par de datos máis e xa poderas facer todos os comentarios que queiras. Se tes unha conta de correo de "gmail" non é necesario que te rexistres, con que utilices ese mail e máis a contraseña xa está.

Espero que esta explicación che sexa de suficiente axuda para poder interactuar connosco a través desta web.