INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE A VIAXE DA MOCIDADE A MALLORCA

Como xa estarás informado, O Concello de Brión programa todos os veráns unha viaxe para a mocidade do municipio con idades comprendidas entre 18 e 35 anos. De cara a este verán, o Concello ten previsto realizar unha viaxe á illa de Mallorca, na Comunidade das Illas Baleares.

PARTICIPANTES, DATAS, PREZO E HORARIOS

Poderán participar preferentemente todos os mozos e mozas empadroados no Concello de Brión de entre 18 e 35 anos.
A viaxe realizarase entre o 20 e o 27 de Xullo de 2013
O prazo de inscrición permanecerá aberto do 1 ao 30 de Abril ao 11 de maio ata o 6 de xuño de 2013, haberá un total de 52 prazas que serán asignadas por rigorosa orde de inscrición.
O prezo da viaxe é de 255€ e inclúe desprazamentos e estancia a media pensión (pernocta, almorzo e cea) no Albergue de la Victoria en Alcudia (Mallorca), ademais das saídas que se realicen durante a estancia na illa. É necesario aboar esta cantidade entre os días 2 e 31 de maio, unha vez recibades o aviso de facelo por parte da organización, para facer efectiva a asistencia á viaxe.

ALOXAMENTO

O aloxamento será no Albergue de la Victoria (Alcudia) -Institut Balear de la Joventut- (ligazón coa web) Situado na península de Alcudia nun ámbito de mar e montaña de destacable interese paisaxístico e natural, o albergue está tan só a uns 200 m do mar. A zona litoral deixa paso a un piñeiral que presenta unha área de monte baixo de acebuche con plantas propias de vexetación de montaña. A zona da Victoria xuntamente co cabo piñeiral está declarado como Área Natural de Especial Interese (ANEI).

VISITAS E ACTIVIDADES

A medida que nos vaiamos achegando a data da viaxe iremos informando sobre as distintas actividades que se levaran a cabo durante a viaxe de 2013.

NORMAS

Este viaxe está pensado coma unha excursión de grupo, e como tal o que se pretende e que o grupo permaneza unido. Para poder asistir a esta viaxe é necesario respectar unha serie de normas básicas de comportamento:

- As saídas e actividades son totalmente obrigatorias, é dicir, ningún dos participantes pode facer a viaxe por libre, hai que respectar horarios tanto das comidas coma das saídas, diúrnas e nocturnas.

- O albergue onde nos imos aloxar terá uns horarios flexibles pero á vez controlados.

- Os encargados do grupo serán os monitores, que en todo momento serán responsables de que os participantes cumpran coas normas establecidas previamente. Estes terán a capacidade para poder devolver á Brión calquera participante que non cumpra axeitadamente coas normas establecidas.

- Imos durmir nun Albergue todos xuntos e con outros grupos, para o bo funcionamento da convivencia entre todos estableceranse unas normas básicas que non poderán ser vulneradas baixo ningún concepto.