Xa non falta nada! O venres 18 de xullo dende as 23:30 h. o autobús que nos vai levar ata Jerez de la Frontera (Cádiz) espera por nós. Ás 00:00 h. iniciaremos a viaxe. Sede puntuais e non vos esquezades meter todo o necesario na maleta.

Lembrade levar toallas (tamén a da praia), roupa fresca, traxe de baño e protector solar. Tamén o DNI en regra. Esto último é moi importante; sen el non poderedes entrar en Gibraltar. E o máis importante, gañas de pasalo ben nunha viaxe na que coñeceremos un fermoso recuncho de Andalucía.

Comentarios ( 0)